Visitas guiadas
Descubre o xacemento
Dende a Fundación axudámosche a coñecer mellor o castro e a súa historia.
Temos ao teu dispor audioguías para que coñezas tódolos recunchos do xacemento ao teu aire.
Accesibilidade
A accesibilidde ao castro é limitada para persoas con problemas de mobilidade dada a morfoloxía do xacemento. Acceso libre todos os días do ano.
Non están permitidas as visitas guiadas con grupos organizados sen autorización expresa da Fundación Terra Termarum Castrolandín.
Non está permitido o acceso non autorizado de vehículos a motor (LEI 5/2016, de 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia).
Para o seu mantemento e conservación, prohíbese pisar os muros das estructuras.