Vasilla de Baroña

Vasilla tipo Corredoiras procedente do castro de Baroña (Porto do Son, A Coruña) de bordo case recto cun orificio de suspensión á altura do colo, protexido exteriormente por unha parede cónica que tería a finalidade de protexer a corda de suspensión do lume. Ausente de decoración.

Cronoloxía:

Ferro II (século IV a. C – século II a.C)

Xacemento:

Baroña

Uso probable:

Cociña

Medidas:

20 cm ancho x 19 cm altura

Categoría: