Vive a cerámica castrexa en primeira persoa no Museo do Castro de Viladonga

17/04/26 | Eventos

No mes de maio convidámoste a participar no IX Obradoiro de Cerámica Castrexa, unha experiencia única para achegarte ás técnicas ancestrais dos nosos antepasados.

O obradoiro desenvolverase en dúas sesións complementarias:
🗓️ 2 de maio: modelado da peza
🗓️ 30 de maio: cocción en forno aberto de terra con combustible vexetal, recreando as técnicas tradicionais da época castrexa

Durante esta actividade poderás crear a túa propia peza e vivir en primeira persoa un proceso de arqueoloxía experimental, no que as pezas cobrarán vida tal e como se facía antigamente.

⚠️ Aforo máximo de 15 persoas
👉 Prazas adxudicadas por rigorosa orde de inscrición
👉 Terán preferencia as persoas que non teñan realizado este obradoiro anteriormente

📞 Inscricións no teléfono: 982 870 160

Anímate a participar e descubrir a cerámica castrexa desde a práctica nunha experiencia diferente e auténtica.

Organiza:
Museo do Castro de Viladonga

#museocastroviladonga #fundacionterratermarum #obradoirosnomuseo #ceramicacastrexa #ceramica #artesania #castrodecastrolandin #arqueoloxiagalega #arqueoloxiaexperimental #museosgalegos #galiciacultura