¡Mans á obra en ACEM – Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras
Estamos moi ilusionados de participar no Proxecto Rehabilit-Arte de ACEM .
Para nós é un verdadeiro privilexio impartir estes talleres, onde 20 persoas con esclerose múltiple, párkinson e ELA mergullaranse nas técnicas tradicionais de modelado e decoración.
O obxectivo? Crear pezas únicas inspiradas nas formas e motivos da nosa cultura castrexa, traballando ao mesmo tempo a psicomotricidade fina e a expresión artística nun ambiente inclusivo.
Queremos agradecer a ACEM por confiar e contar connosco, á Fundación “la Caixa” xunto á Beca Solidaria ORAL GROUP CENTROS DENTALES por impulsar iniciativas con tanto valor humano e compromiso coa nosa comunidade.
