A Fundación Terra Termarum vén de recibir a renovación do distintivo “Compromiso de Calidade Turística en Destinos”, outorgado pola Secretaría de Estado de Turismo a través do SICTED e da Deputación de Pontevedra.
Este recoñecemento certifica o compromiso coa excelencia do Centro de Interpretación do xacemento arqueolóxico do castro de Castrolandín e de Artesanía Cerámica de Castrolandín, destacando o esforzo continuo na mellora dos servizos, a atención ás persoas visitantes e a posta en valor do patrimonio cultural e artesanal.
A renovación deste distintivo reforza a aposta da Fundación Terra Termarum por un modelo de turismo sostible e de calidade, contribuíndo á consolidación do destino Turismo Rías Baixas como referente de profesionalidade e boas prácticas.
Desde a Fundación queremos agradecer o traballo do equipo humano e o apoio das entidades colaboradoras, así como a confianza de todas as persoas que nos visitan.
#Castrolandín #Cuntis #TurismoDeCalidade #RíasBaixas #SICTED #Pontevedra #CerámicaCastrexa #PatrimonioGalego #ArtesaníaDeGalicia
