Castrolandín súmase un ano máis aos Días Europeos da Artesanía con portas abertas e obradoiros

22/03/26 | Eventos

Un ano máis, unímonos aos Días Europeos da Artesanía (do 7 ao 12 de abril) para abrir as portas do noso obradoiro. Queres descubrir como se facía a cerámica castrexa hai miles de anos?

Xunto a Fundación Pública Artesanía de Galicia, convidámoste a vivir o proceso, e descubrir como se elaboran as reproducións de cerámica castrexa:

Demostracións no taller: De martes a venres (11:00 – 13:00 h). Mira como traballamos as técnicas ancestrais.

Obradoiros prácticos para todos os públicos: Crea a túa propia peza!

Impartiremos tres obradoiros gratuítos na Sede da Fundación Terra Termarum Castrolandín (Praza das Árbores, 14. 36670. Cuntis, Pontevedra).

Inscrición previa en: ceramica@castrolandin.es

ACTIVIDADE GRATUÍTA | Prazas limitadas.

Horarios dos obradoiros:

Venres 10: 16:30 a 18:30 h.

Sábado 11: 11:00 a 13:00 h e 16:30 a 18:30 h.

É unha oportunidade fantástica para poñer en valor o patrimonio de Cuntis e a pegada do Castro de Castolandín a través do barro!

Xunta de Galicia

Concello de Cuntis

Termas de Cuntis

ENGASA GALICIA S.L

Asociación Amigos Dos Castros

CMVMC de Castrolandín

#díaseuropeosdelaartesania#ArtesaníadeGalicia#eacd2026#artesaníagalega#Cerámicacastrexa#cerámicaartesanal#arqueoloxíaviva#oficiostradicionais#barro#alfarería#cuntis#castrodecastrolandin#patrimoniogalego#turismocuntis