A cerámica castrexa viaxa esta fin de semana a Narón e Buño

31/07/26 | Eventos

Esta fin de semana, o Obradoiro de Cerámica Castrexa da Fundación Terra Termarum estará presente en dous encontros moi especiais que reflicten o noso compromiso coa divulgación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico a través da artesanía tradicional.

📍 Poderedes atoparnos no 25.º Oenach Atlántico, en Sedes (Narón), e na II Cocedura Tradicional Aberta de Buño, dous eventos nos que a arqueoloxía, a artesanía e a historia cobran vida.

Ao longo da fin de semana realizaremos demostracións en directo de cerámica castrexa, amosando as técnicas, os procesos e os coñecementos inspirados na tradición oleira da Idade do Ferro.

Agardámosvos para compartir unha fin de semana chea de patrimonio, artesanía e historia viva.

#CerámicaCastrexa #FundaciónTerraTermarum #Castrolandín #PatrimonioGalego #ArtesaníaGalega #ArqueoloxíaExperimental #PatrimonioVivo #HistoriaViva #OenachAtlántico #Buño #CulturaGalega #Galicia

Cartel cocedura Buno