Desde a Fundación Terra Termarum Castrolandín iniciamos unha nova etapa na difusión do noso traballo de investigación e recuperación da cerámica castrexa coa itinerancia da exposición «A cerámica castrexa en Galicia: investigación e recuperación», que comezará o seu...
Eventos
Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro «Do orixinal á réplica» no Museo do Castro de Viladonga
O Museo do Castro de Viladonga acollerá un novo obradoiro de «Do orixinal á réplica», unha actividade na que as persoas participantes poderán achegarse ao proceso de recreación dunha peza de cerámica de época castrexa pertencente á colección do museo. Nesta ocasión, o...
A Fundación Terra Termarum participa en Laeros 2026 cunha mostra e demostración de cerámica prehistórica
Este domingo 23 de agosto, a Fundación Terra Termarum, a través do seu Obradoiro Experimental de Cerámica Castrexa de Castrolandín, estará presente en Laeros, Festival da Arte Rupestre, que se celebra no Campo Lameiro. Ao longo da xornada, o noso obradoiro achegará ao...
A Fundación Terra Termarum participa un ano máis na Romaría de San Lourenzo co seu Obradoiro de Cerámica Castrexa
Este 10 de agosto volveremos participar na IX Romaría de San Lourenzo, no castro de Cereixa (A Pobra do Brollón), unha cita na que temos a satisfacción de colaborar edición tras edición, formando parte dun proxecto que une investigación arqueolóxica, patrimonio e...
A cerámica castrexa viaxa esta fin de semana a Narón e Buño
Esta fin de semana, o Obradoiro de Cerámica Castrexa da Fundación Terra Termarum estará presente en dous encontros moi especiais que reflicten o noso compromiso coa divulgación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico a través da artesanía tradicional. 📍 Poderedes...
A Fundación Terra Termarum Castrolandín participa na Rede Galega de Oficios Vivos coa cerámica castrexa
A Rede Galega de Oficios Vivos da Xunta de Galicia chega este 19 de xullo a Cuntis da man da Fundación Terra Termarum Castrolandín, que dará a coñecer un dos oficios tradicionais máis representativos da nosa cultura: a cerámica castrexa. Esta iniciativa da Consellería...
A Fundación Terra Termarum participará no XXV Arde Lucus con demostracións de cerámica castrexa
Lugo dá comezo este xoves á XXV edición do Arde Lucus, unha festa de interese turístico internacional que transforma a cidade nun escenario vivo da época castrexa e romana. Un ano máis, a Fundación Terra Termarum renova o seu compromiso coa investigación e divulgación...
A Fundación Terra Termarum participará na XXIII Romaría Etnográfica Raigame en Vilanova dos Infantes
O vindeiro domingo 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, a Fundación Terra Termarum participará un ano máis na XXIII Romaría Etnográfica Raigame, que terá lugar en Vilanova dos Infantes. Considerada unha das citas culturais e etnográficas...
Renovación do distintivo de calidade turística
A Fundación Terra Termarum vén de recibir a renovación do distintivo “Compromiso de Calidade Turística en Destinos”, outorgado pola Secretaría de Estado de Turismo a través do SICTED e da Deputación de Pontevedra. Este recoñecemento certifica o compromiso coa...













