A Fundación Terra Termarum participará no XXV Arde Lucus con demostracións de cerámica castrexa

18/06/26 | Eventos

Lugo dá comezo este xoves á XXV edición do Arde Lucus, unha festa de interese turístico internacional que transforma a cidade nun escenario vivo da época castrexa e romana.

Un ano máis, a Fundación Terra Termarum renova o seu compromiso coa investigación e divulgación da cultura castrexa participando nas actividades organizadas no campamento da Asociación de Recreación Histórica Clan de Breogán, situado no Parque Rosalía de Castro.

No marco desta edición, a fundación realizará o vindeiro sábado 20 de xuño diversas demostracións de cerámica castrexa, unha iniciativa que permitirá achegar ao público o traballo de investigación, difusión e divulgación que desenvolve desde o ano 2005.

Durante a xornada, as persoas asistentes poderán coñecer de primeira man as técnicas tradicionais de elaboración cerámica, os procesos artesanais e as formas características que formaban parte da vida cotiá das comunidades castrexas.

A actividade desenvolverase no campamento do Clan de Breogán, no Parque Rosalía de Castro, e está aberta a todos os públicos.

Datos da actividade:

  • Lugar: Campamento do Clan de Breogán, Parque Rosalía de Castro (Lugo)
  • Data: Sábado, 20 de xuño
  • Actividade: Demostracións de cerámica castrexa

A Fundación Terra Termarum convida a veciñanza e visitantes a participar nesta experiencia de divulgación histórica e a descubrir como se elaboraban as pezas cerámicas na cultura castrexa.