🏺Poñámonos mans á obra: a cerámica como motor de inclusión en #EnRedArte

27/02/26 | Events

Moi felices e agradecidos de volver un ano máis! A través do programa #EnRedArte, retomamos con entusiasmo os obradoiros de cerámica no Centro de Día de COGAMI en Monte Porreiro (Pontevedra).

Para nós, o barro é moito máis ca un material; é o fío condutor perfecto para traballar a inclusión dun xeito integral. Nestas sesións, as persoas participantes non só modelan pezas únicas, senón que tamén constrúen novos camiños cara á autonomía e o benestar.

✨ Moito máis ca cerámica: un proceso transformador

Coas mans no barro, as persoas participantes están a dar forma a habilidades que van máis alá do artístico. Nestas sesións, poñemos o foco en catro beneficios clave:

🤝 Crecemento compartido: Un espazo que fomenta o apoio mutuo e a aprendizaxe colectiva.

👐 Motricidade fina: Mellora da precisión, a forza e a destreza manual.

🧠 Desenvolvemento cognitivo: Estímulo da paciencia, a concentración e a planificación.

💛 Benestar emocional: Unha ferramenta terapéutica para reducir o estrés, liberar a creatividade e reforzar a autoestima.