Cunca de Zoñán

Cunca tipo Alcorta V1 procedente do castro de Zoñán (Mondoñedo, Lugo) de perfil carenado, bordo exvasado e redondeado, fondo plano lixeiramente realzado e asa vertical acintada. Presenta decoración con dúas acanaladuras que delimitan unha retícula brunida.

Cronoloxía:

Ferro III (século I a.C – século I d.C)

Xacemento:

Zoñán

Uso probable:

Servizo de mesa

Medidas:

10,5 cm ancho x 8 cm altura

Categoría: