Sobre a Fundación
Orixe e historia
A Fundación Terra Termarum Castrolandín constitúese en Cuntis o día 8 de xaneiro do ano 2001. Esta é declarada de interese galego en marzo do mesmo ano e ten como obxecto a xestión integral, estudo, protección e promoción do xacemento arqueolóxico de Castrolandín, así como a difusión da cultura castrexa e da romanización en Galicia.
O padroado da fundación amosa o seu carácter local e independente e está composto por representantes de:
- O Concello de Cuntis.
- A Comunidade de Montes de Castrolandín.
- A Asociación de Amigos dos Castros.
- E as empresas Enerxía de Galicia, S.A. (ENGASA) e TERMAS DE CUNTIS.
O feito de que unha fundación de carácter local coma esta xestione a posta en valor dun ben relevante do patrimonio é un caso singular en Galicia, ate o punto de que o principal impacto social e patrimonial da Fundación reside no seu potencial demostrador como modelo de xestión do patrimonio por parte da comunidade local na que está representada todo o seu tecido social.
Membros do padroado fundacional:
Olimpio Arca Caldas, Mario Touceda Torres, Roberto Ameijeiras Paz, Eduardo Rey Rodríguez, Ramón Alonso Rodríguez, José Manuel Mesego Fernández, Francisco Campos Ferreiro, María Concepción Ferreiro Campañó, Serafín Escariz Fuentes, Juán Luís Seijo Pastor, Alfonso Iglesias Rapado e Antonio Pena Abad.
Padroado
| CARGO | NOME | ENTIDADE |
|---|---|---|
| PRESIDENTA | Cajide Hervés, María Carmen | Fundación Terra Termarum Castrolandín |
| VICEPRESIDENTE 1º | Campos Velay, Manuel | Concello de Cuntis |
| VICEPRESIDENTE 2º | Iglesias Rapado, Alfonso | Comunidade de Montes Veciñais en man común de Castrolandín |
| SECRETARIO | Ameijeiras Paz, Roberto | Asociación de Amigos dos Castros de Cuntis |
| TESOUREIRO | Campos Ferreiro, José Antonio | Asociación de Amigos dos Castros de Cuntis |
| VOGAL | Arca Camba, María Jesús | Asociación de Amigos dos Castros de Cuntis |
| VOGAL | Campos Ferreiro, Francisco Manuel | Asociación de Amigos dos Castros de Cuntis |
| VOGAL | Castro Fuentes, Isaac | Comunidade de Montes Veciñais en man común de Castrolandín |
| VOGAL | Couselo Torres, María Isabel | Concello de Cuntis |
| VOGAL | Espiño Alende, María Soledad | Termas de Cuntis, SL |
| VOGAL | Martín Vidal, Daniel | Concello de Cuntis |
| VOGAL | Sande Silva, María de la Cruz | Concello de Cuntis |
| VOGAL | Seijo Pastor, Juan Luis | Comunidade de Montes Veciñais en man común de Castrolandín |
| VOGAL | Seixo Pastor, Marcos | Comunidade de Montes Veciñais en man común de Castrolandín |
| VOGAL | Táboas Baños, María José | Energía de Galicia, SA |
Centro de Interpretación do Xacemento Arqueolóxico de Castrolandín
Na sede da Fundación Terra Termarum atópase o Centro de Interpretación do Xacemento Arqueolóxico de Castrolandín, sito na praza das Árbores, nº 14, 36670, no centro da vila de Cuntis (Pontevedra).
Este centro é o punto de recepción de visitantes e información do xacemento, que mediante paneis explicativos, interpretacións (tear, muiños, lareira, maqueta) e reproducións cerámicas explican a cultura material de Castrolandín.
Aquí tamén se pode ver parte da mostra do Proxecto de Investigación e Recuperación da Cerámica Castrexa en Galicia, así como o obradoiro onde se elaboran as reproducións cerámicas.
Accesibilidade
As instalacións están adaptadas para a circulación de persoas con mobilidade reducida.
Horario
- Martes a venres: 10:00h – 14:00h e 16:00h – 19:00h
- Sábado: 10:30h – 13:30h
Entrada de balde
XX Aniversario