Fundacion Terra Termarum Castrolandin

Orixe da Fundación

A Fundación Terra Termarum Castrolandín naceu en Cuntis no ano 2001 coa misión de protexer, estudar e poñer en valor o xacemento arqueolóxico de Castrolandín, ao tempo que difunde a riqueza da cultura castrexa e da romanización en Galicia. Trátase dunha entidade singular en Galicia, pois é a propia comunidade local —Concello, Comunidade de Montes, Asociación de Amigos dos Castros e empresas vinculadas— a que lidera este proxecto de conservación e promoción patrimonial.

DJI 0213

O xacemento do Castro de Castrolandín

O castro de Castrolandín, situado a só un quilómetro e medio do centro de Cuntis, remóntase a finais da Idade do Ferro. Trátase dun asentamento de tamaño medio, no que vivirían arredor de 100 persoas na fase final da cultura castrexa.

Hoxe podes coñecelo de preto e descubrir os seus segredos a través de visitas guiadas que se poden reservar previamente, unha oportunidade perfecta para mergullarse na historia e comprender mellor a vida dos seus habitantes.

Visita o Centro de Interpretación Arqueolóxico

No corazón de Cuntis atópase o Centro de Interpretación de Castrolandín, a porta de entrada ao xacemento arqueolóxico. Un espazo accesible e de balde, onde descubrirás a cultura castrexa a través de maquetas, paneis, reproducións cerámicas e un obradoiro único.

logo ceramica

Obradoiro de Cerámica Castrexa

Un espazo vivo onde a tradición e a creatividade se dan a man. O Obradoiro de Cerámica Castrexa é unha forma única de descubrir o Castro de Castrolandín e gozar do seu patrimonio.

As actividades e servizos do obradoiro son a realización de réplicas arqueolóxicas para Centros de Interpretación, pezas específicas para museos ou coleccionistas particulares, cursos de cerámica para todos os niveis e moitas cousas máis.

Un punto de encontro entre historia, arte e turismo cultural.

Últimas noticias

Ago 07 2026

A Fundación Terra Termarum participa un ano máis na Romaría de San Lourenzo co seu Obradoiro de Cerámica Castrexa

Este 10 de agosto volveremos participar na IX Romaría de San Lourenzo, no castro de Cereixa (A Pobra do Brollón), unha cita na que temos a satisfacción de colaborar...
Xul 31 2026

A cerámica castrexa viaxa esta fin de semana a Narón e Buño

Esta fin de semana, o Obradoiro de Cerámica Castrexa da Fundación Terra Termarum estará presente en dous encontros moi especiais que reflicten o noso compromiso coa...
Xul 16 2026

A Fundación Terra Termarum Castrolandín participa na Rede Galega de Oficios Vivos coa cerámica castrexa

A Rede Galega de Oficios Vivos da Xunta de Galicia chega este 19 de xullo a Cuntis da man da Fundación Terra Termarum Castrolandín, que dará a coñecer un dos oficios...
Mai 22 2026

A Fundación Terra Termarum participará no XXV Arde Lucus con demostracións de cerámica castrexa

Lugo dá comezo este xoves á XXV edición do Arde Lucus, unha festa de interese turístico internacional que transforma a cidade nun escenario vivo da época castrexa e...
Mai 13 2026

A Fundación Terra Termarum participará na XXIII Romaría Etnográfica Raigame en Vilanova dos Infantes

O vindeiro domingo 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, a Fundación Terra Termarum participará un ano máis na XXIII Romaría Etnográfica...
Abr 29 2026

Renovación do distintivo de calidade turística

A Fundación Terra Termarum vén de recibir a renovación do distintivo “Compromiso de Calidade Turística en Destinos”, outorgado pola Secretaría de Estado de Turismo a...
Abr 17 2026

Vive a cerámica castrexa en primeira persoa no Museo do Castro de Viladonga

No mes de maio convidámoste a participar no IX Obradoiro de Cerámica Castrexa, unha experiencia única para achegarte ás técnicas ancestrais dos nosos antepasados. O...
Mar 22 2026

Castrolandín súmase un ano máis aos Días Europeos da Artesanía con portas abertas e obradoiros

Un ano máis, unímonos aos Días Europeos da Artesanía (do 7 ao 12 de abril) para abrir as portas do noso obradoiro. Queres descubrir como se facía a cerámica castrexa...
Mar 07 2026

Hoxe: Modelamos o pasado en familia.

Hoxe a sede da Fundación Terra Termarum encheuse de vida e de mans manchadas de arxila. Recibimos ás familias do Espazo de Preservación Familiar de Vilagarcía para unha...
Mar 03 2026

Unha viaxe as nosas raíces a través da arte e a rehabilitación

¡Mans á obra en ACEM - Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras Estamos moi ilusionados de participar no Proxecto Rehabilit-Arte de ACEM ....
3

Visitas guiadas

Escolares

Grupos organizados

2

Explora o xacemento

Coñece a historia do castro de Castrolandín

1

Descubre a Cerámica Castrexa

Aprende como se traballa

Onde estamos

Última noticia

Ago 07 2026

A Fundación Terra Termarum participa un ano máis na Romaría de San Lourenzo co seu Obradoiro de Cerámica Castrexa

Este 10 de agosto volveremos participar na IX Romaría de San Lourenzo, no castro de Cereixa (A Pobra do Brollón), unha cita na que temos a satisfacción de colaborar...