Visita o xacemento

Dende a Fundación axudámosche a coñecer mellor o castro e a súa historia da man dos que mellor o coñecen. Contacta connosco en visitas@castrolandin.es ou no teléfono 986532668 e informámoste.

Temos ao teu dispor audioguías para que coñezas todos os recunchos do xacemento.

Visitas escolares

Poñemos ao dispor dos colexios que o desexen un servizo de visitas en grupo de escolares, que se pode reservar de igual maneira en visitas@castrolandin.es ou no teléfono 986532668.