Orixe

O primeiro padroado, formado por Olimpio Arca Caldas, Mario Touceda Torres, Roberto Ameijeiras Paz, Eduardo Rey Rodríguez, Ramón Alonso Rodríguez, Jose Manuel Mesego Fernández, Francisco Campos Ferreiro, Mª Concepción Ferreiro Campañó, Serafín Escaríz Fuentes, Juan Luís Seijo Pastor, Alfonso Iglesias Rapado e Antonio Pena Abal.

En xaneiro de 2001 é constituída en Cuntis a Fundación Terra Termarum Castrolandín. A Fundación, declarada de interese galego en marzo do mesmo ano, ten como obxecto a protección e promoción do patrimonio arqueolóxico de Cuntis. O seu primeiro proxecto é a xestión integral do xacemento de Castrolandín.

O padroado da fundación amosa o seu carácter local e independente. Está composto por representantes de:

  • A Comunidade de Montes de Castrolandín, propietaria dos terreos onde se ubica o xacemento.
  • A Asociación de Amigos dos Castros, iniciadora do proxecto.
  • Representantes do conxunto de partidos políticos do Concello de Cuntis.
  • A empresa ENGASA, unha das patrocinadoras do proxecto.
  • Termas de Cuntis, colaboradora no proxecto e unha das maiores beneficiarias do que supón Castrolandín como recurso turístico.

O feito de que unha fundación de carácter local como esta xestione a posta en valor dun ben relevante do patrimonio é un caso singular en Galicia, ate o punto de que o principal impacto social e patrimonial da fundación poida que resida no seu potencial demostrador como modelo de xestión do patrimonio por parte da comunidade local. De feito a Fundación ten un control absoluto do proxecto, sendo executados os traballos arqueolóxicos, e parte dos de difusión, polo Laboratorio de Patrimonio Paleoambiente e paisaxe (LPPP) (IIT-USC), centro asociado ó CSIC ó través do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.