Localización

A sede da Fundación está situada no casco histórico da pontevedresa vila de Cuntis.

Cuntis é unha vila termal situada a menos de 30 km de Santiago e Pontevedra e a 20 km de Vilagarcía.

Historicamente, Cuntis estivo incluída na rexión habitada polos cilenos, durante a época castrexa. A súa capital era Aqua Calidae, (a actual vila), importante vila termal romana. Os achazegos atopados en diversas excavacións, como restos de edificacións e moedas de diferentes épocas do Imperio, son mostra viva do pásado histórico desta poboación.

Estas propiedades medicinais da auga, foron acrecentando a fama de cuntis a través dos séculos, chegando a ser hoxe en día un foco turístico, polo que se conta cun complexo de servicios turísticos moi importante, dispoñendo dun Hotel-Balneario, así como varios hostais e pensións, chegando a ofertar no seu conxunto máis de 300 camas.

Ligado a este turismo termal, Cuntis conta cunha ampla oferta de espacios naturais ó carón dos seus ríos (Umia e Gallo), que se combinan de xeito interesante con paisaxes e vistas panorámicas desde as cumes do seus montes. Para disfrutar destes entornos, Cuntis dispón de dúas rutas de sendeirismo homologadas e sinalizadas (PRG-20, PRG-21).  

Unha proba da abundante presencia do home dende tempos inmemoriais nestas terras, é a abundante presencia de restos arqueolóxicos, como petroglifos, castros, mámoas, etc, (ver apartado de arqueoloxía), que unidos a monumentos destacables de arquitectura popular e relixiosa (cruceiros, hórreos, igrexas, monumento o Sagrado Corazón, etc), constitúen unha ruta atractiva para disfrutar dun ou varios días de contacto coa natureza.