Ceramic workshop

O taller de cerámica arqueolóxica castrexa, atópase no Polígono Industrial de “A Ran” no municipio pontevedrés de Cuntis. Montado gracias á iniciativa da Fundación Cultural Terra Termarum, o seu obxectivo é a posta en marcha dun proxecto de investigación que ten como finalidade coñecer todos os pasos e técnicas empregadas na elaboración da cerámica da Idade do Ferro en Galicia, así como a elaboración de réplicas arqueolóxicas.

Para isto, levouse a cabo un estudio de todos os materiais arqueolóxicos atopados nas escavacións do xacemento de Castrolandín, sito na mesma localidade. Coas informacións facilitadas polos arqueólogos , procedeuse á documentación e recollida de datos, realizando moldes de silicona e de escaiola, dos fragmentos cerámicos con decoracións, e debuxos arqueolóxicos dos perfiles, na busca de tipoloxías formais.

Elaborouse unha base de datos coas decoracións mais significativas e fabricáronse os utensilios e ferramentas que posiblemente foxen empregadas para facer as mesmas. Para a fabricación deste instrumental, empregáronse materiais como a madeira, croios, cunchas, punzóns, etc.

Estudiouse a arxila local para determinar as características das pastas cerámicas e realizáronse probas de preparación e modelaxe.

Na actualidade, traballamos con mesturas de diferentes arxilas e con moldes de escaiola á barbotina co fin de reproducir os cacharros cerámicos mais rapidamente.

No taller, realízanse distintas liñas de cerámica: regalos institucionais ou de empresa, materiais para centros de interpretación, réplicas para museos e coleccionistas, materiais didácticos, etc. A elaboración das réplicas mais específicas (coleccionistas e museos), faise totalmente a man de maneira artesanal. Todas as cerámicas están decoradas a man polo que este feito as converte en pezas únicas.

O taller pretende converterse nun punto de referencia no campo das réplicas arqueolóxicas, cun carácter de continuidade, buscando información, investigando, impartindo cursos sobre a materia, preparando materias didácticos, exposicións, etc.